area

Conxunto de pequenos grans ou partículas de rocha / Gran ou partícula de rocha ou de certa materia

Etimoloxía

Voz que procede da latina arēna.

Exemplos *

“Ninguén debe pensar en comida, nin tan sequera en auga. Só se pode pensar nas rochas e na area do deserto, para que ninguén recorde ningún sabor. Así se fixo, anque non sen dificultade.” (Antón Cortizas: Leonel, 1996)

“A noite estaba sementada de estrelas e a lúa espléndida alargaba a sombra do cabalo na area do deserto.” (Antón Riveiro Coello: Homónima, 2001)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.