areal

Extensión de terreo con area

Etimoloxía

Palabra derivada sobre estoutra “area” que vén do latín arena de semellante significado.

Exemplos *

“As fotos que ilustran os relatos de Lista, ou que os inspiran, son por veces explicadas dun xeito moi concreto porque deben explicar a razón dese mundo entre o areal do Osmo e o faro de Roncudo, que é todos os mundos gobernados polo mar.” (Miguel A. Mato Fondo: Sermos Galiza, 28-8-2014)

“Naquel momento arribou ó areal un bote con dous tripulantes da Hispaniola.” (Xosé Mª Lema: Costa do Solpor, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.