arela

Desexo moi forte dunha cousa

Etimoloxía

Palabra de orixe incerta.

Exemplos *

“E logo está a nostalxia, que é a saudade da terra onde un naceu. En fin, temos a arela que é a saudade da felicidade ideal, da perfección...” (Xosé Ramón Pena: Como en Alxeria, 2012)

“Entón pensas naquel recital de Mazarelos onde Novoneyra, que se refería á súa, puxo voz ás arelas da túa xeración.” (Luís Rei Núñez: Días que non foron / O corvo de chapapote, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.