argallada

Historia ou invención para enganar

Etimoloxía

Voz derivada sobre o verbo “argallar” que probablemente proceda da raíz prorromana *arga ‘mestura’.

Exemplos *

“Se sentides que vos agraviei e causei un mal profundo merecente do voso castigo ou da vosa vinganza, convídovos a que o expoñades abertamente, e non mediante retortas argalladas que supoñen un insulto tanto para min coma para vós.” (Begoña Caamaño: Circe ou o pracer do azul, 2009)

“A argallada de Viviana estaba tan ben tecida que era o propio Artur quen reaccionaba ante as súas evasivas con insistentes preguntas.” (Begoña Caamaño: Morgana en Esmelle, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.