Elemento químico do grupo dos gases nobres, incoloro e inodoro, que se atopa na atmosfera e nas emanacións volcánicas. O seu símbolo é Ar.
Etimoloxía
Procede do grego árgon 'preguiceiro' e tamén 'inerte', onde se formou pola combinación do prefixo de sentido negativo a- e ergon 'traballo'.
Exemplos *
"Na dermatoloxía, utilízase de forma rutineira un láser pulsado de argon (Ar) que emite no verde para eliminar lesións pigmentarias, axiomas e tatuaxes." (Eduardo García Parada e Pío M. González Fernández: Eis os láseres)
"… con este sinxelo espectroscopio pódese analizar a luz procedente de diferentes tubos de neon, argon, etc." (Ramón Vilalta López: Astronomía práctica e outras cousas)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.