Lingua propia dun grupo social ou profesional, con características orixinais específicas
Etimoloxía
Préstamo procedente do francés argot de significado semellante.
Exemplos *
“O director e as cabezas de equipo eramos sempre os mesmos, pero a troupe _como se chama no argot_ era distinta en cada país.” (Manuel Xestoso e X. Cid Cabido: Antón Reixa. Ghicho distinto, 2012)
“Todo o que tiñan contra el, (...), era un conversa no Brasil, captada casualmente por Katty. Unha conversa vivida con tensión, na que se falaba nun argot case indescifrable da relación entre as mortes de Norberto e a do vendedor negro.” (Manuel Forcadela: Barato, barato, 1993)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.