aria

Peza musical para ser cantada por unha soa voz

Etimoloxía

Palabra que tomamos do italiano aria con significado semellante.

Exemplos *

“Unha aria de Schubert para soprano, trompa e piano, ten sido con frecuencia o motivo musical desas visións. E durante tardes outonizas e noites estivais, o pracer dos seus acordes tenlle aberto nos sentidos a nostalxia desa hora indescritible.” (Manuel Forcadela: Paisaxe con muller e barco, 1990)

“Pepa di que a diferenza entre ela e nós é que Chantal é unha amante desdeñada, e nós simplemente quedamos tiradas; a ela rompéronlle o corazón cunha aria de tenor, e a nós dixéronnos que ían por tabaco.” (Marilar Aleixandre: Lobos nas illas, 1996)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.