aristocracia

Forma de goberno en que a nobreza exerce o poder / Clase social formada por persoas con títulos nobiliarios

Etimoloxía

Vocábulo que nos chega do baixo latín aristocratia, que remeite ao grego aristokratía ‘goberno dos mellores’.

Exemplos *

“Os suevos, pobo itinerante afeito a apousentarse de xeito máis indefinido e dirixido por unha aristocracia guerreira, asentaríase en puntos do medio rural aínda non ben determinados neste momento.” (Felipe Arias Vilas: A romanización de Galicia, 1992)

“Os xefes das casas da aristocracia e os bispos, en particular o arcebispo Alonso de Fonseca II –principal señor de vasalos en Galicia–, esqueceron de súpeto as súas retesías e apoiáronse mutuamente para loitar en contra do inimigo común.” (Pegerto Saavedra: Historia das historias de Galicia, 2016)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.