Doutrina de Aristóteles, discípulo de Platón, que sistematizou todo o saber do seu tempo e que marcou profundamente o curso da filosofía occidental.
Etimoloxía
Termo creado sobre o antropónimo: Aristóteles, filósofo grego de 384-322 a.C.
Exemplos *
"O que podemos apreciar nel é a claridade, unha ironía morna e ese aristotelismo que se manifesta na vontade de contar algo inmediato, sen preciosismos aparentes." (Antón Baamonde: Galicia Internacional 04-1996)
"Mais cando Irene morreu non importou xa a súa madurez, non importou xa o seu aristotelismo e metérona nunha caixa branca cun vestido de princesa morta que son sempre os máis fermosos e os máis elaborados." (Samuel Solleiro: Dz ou o libro do esperma)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.