Parte da matemática que trata das propiedades dos números e das operacións que se poden realizar con eles
Etimoloxía
Termo que procede do latín arithmetĭca, e este bebe do grego arithmētikḗ de significado semellante.
Exemplos *
“Os díxitos adoitan moverse sen permiso na miña mente, intercambian os seus lugares e atrancan a memorización das cifras o que produciu un estorbo crónico na miña relación coa aritmética.” (Xabier Paz: As vidas de Nito, 2013)
“Nun principio non eran máis que cinco rapaces pero á volta de tres anos chegou a ter trinta alumnos, entre rapaces e adultos. Algúns viñan andando dende Tzemí os domingos para asistiren ás clases de aritmética e gramática.” (Antón Riveiro Coello: Homónima, 2001)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.