armadura

Vestimenta composta de pezas de ferro con que se protexían no combate os guerreiros antigos.

Etimoloxía

Procede do latín armatura, -ae, que se aplicaba para a armadura ou para os homes armados.

Exemplos *

"Conxuntou Sancho o mellor que soubo as pezas da armadura no corpo de Don Quixote, pois non acertaba a empatalas ben ou non as encaixaba …" (Lalo Vázquez Xil: A da alba sería)

"Arredor del tres ananos saltaban vestidos, un de bispo, outro de cabaleiro con armadura e o terceiro sen ela." (Luísa Villalta: As chaves do tempo)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.