armisticio

Suspensión das hostilidades, acordada polos contendentes, como primeiro paso para poñer fin á guerra.

Etimoloxía

Procede do latín armistitium, onde se formou pola combinación de arma e o verbo stare 'estar quieto'.

Exemplos *

"Interpreteino como unha manifestación de boa vontade, unha especie de armisticio nunha guerra inexistente." (Xavier Queipo: O paso do noroeste)

"Oxalá se declare oficialmente un armisticio e acaben todos os actos de violencia." (Galicia Hoxe 2005-02-04)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.