arnela

Praia localizada nunha costa aberta, xeralmente situada entre dous montes e na que adoita desembocar un río ou regato

Etimoloxía

Palabra que procede do latín vulgar *arenella que bebe de arena de significado semellante.

Exemplos *

“Todo petón ten nome, todo marca. A candorca / tamén sopesa a adega que, enguedellada, ofega / o maremoto. Encállante na arnela máis angosta, / naquela en que a vellez non ten asilo. ¡Apréixama / nalgures! O sobordo despezará a serviola.” (Alexandre Nerium: Vogar de couse, 2003)

“Baten as vagas de mar nas orelas / contra o roquedo varudo e ergueito / e nos algarves das bravas arnelas / roxe a madeira dun barco desfeito.” (Gonzalo Francisco López Abente: Centileos nas ondas, 1958)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.