árnica

(Arnica montana) Planta herbácea perenne da familia das compostas, de follas entre ovais e lanceoladas, talo piloso e flores grandes de cor amarela

Etimoloxía

Termo que procede do latín científico arnica crese que podería remitir ao grego ptarmiké ‘planta que fai esbirrar’.

Exemplos *

“Podes crerme, Carmen, dígocho como profesional e como pai: cando un fillo se namora, o mellor é dicirlle con sinceridade o que pensas e despois seguirlle a corrente e preparar, por se chega a desfeita, a árnica, as vendas, as muletas ou a cadeira de rodas...” (Marina Mayoral: O anxo de Eva, 2013)

“Se rompía un óso recompoñíase cun pau envolto fortemente cun pano. Se a doenza era reuma pasábase polo corpo ruda ou follas de árnica con alcohol de noventa e tomábase un xarope de allos macerados.” (Guillermo Llorca Freire: Ferrol: memoria da vida cotiá, alimentación, oficios, tempo de lecer, tempo do fogar, 2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.