aro

Xoguete con forma de circunferencia que os nenos fan rodar polo chan

Etimoloxía

Palabra propia das linguas da Península Ibérica de orixe incerta, xógase coa hipótese que proceda do latín arvum ‘campo’ grazas a unha ampliación semántica que o vincularía ao territorio que circundaba un lugar.

Exemplos *

“Sentíase desacougado, cunha dor coma de frío nos pulmóns, a mesma dor que o afogaba o día anterior cando corría cara ó río. Os nenos xogaban ó aro no campo de terra e as mulleres voltaban de lava-la roupa no estanque da burga.” (F.X. Fernández Naval: O bosque das antas, 1990)

“Mais preto, un ir e vir de xentes enloitadas e tranquilas, pequenos coros de cregos e cóengos facendo tertulia no medio da rúa e nenos e nenos xogando con aros e con paus, saltando á churra ou botando a sortes os papeis de Xustizas e Ladróns.” (Carlos Casares: Ilustrísima, 1980)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.