Molusco bivalvo heterodonte da familia dos máctridos, duns trece centímetros de lonxitude e a metade de anchura, coas valvas abertas polos extremos, de cor branca, amarelada ou dourada, que habita en zonas areosas ou lamacentas
Etimoloxía
Palabra de orixe escura
Exemplos *
“Sachos e legoñas utilízanse no marisqueo a pé, maiormente para levantar ameixas, berberechos, navallas, reloxos, carneiros, arolas, etc. Tamén se empregan para coller miñocas na praia.” (María Luísa López Otero: O mar do Barbanza. Etnografía do mar, costa de Rianxo a Corrubedo, 2003)
“É comestible pero de carne pouco apreciada, especialmente nas arolas de maior tamaño. Teñen pouca aceptación a pesar de que temos noticias de que os romanos as comían nos seus banquetes.” (Rosa Ramonell: Guía dos mariscos de Galicia, 1985)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.