arpa

Instrumento musical de forma triangular, con cordas colocadas de modo vertical, que se tocan cos dedos das dúas mans.

Etimoloxía

Tomámolo do francés harpe, que procedía á súa vez do xermánico harpa.

Exemplos *

“¿Que din as altas copas de escuro arume (folla ou frouma do piñeiro) en forma de arpa, co seu fungar monótono que leva ben o compás ou ritmo?” (Xosé Chao Rego: Para comprendermos Galicia)


“…as pedras, ao acaricialas, facían soar a música de Oscar Peterson, ou a do Sebastián Bach da súa novela, e onde sen querelo aparecía unha arpa seráfica recuberta de marfil que agardaba unhas mans que a tocasen para exsudar os sons perfectos nunca antes emitidos.” (Xosé Carlos Caneiro: Un xogo de apócrifos)
 

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.