Persoa que se dedica á arqueoloxía
Etimoloxía
Palabra que remite ao grego archaiológos 'anticuario'.
Exemplos *
“Se o que querías era investigar, debiches quedar no teu laboratorio do porto. Aquí cómpreche tanto ser arqueóloga coma científica.” (Xurxo Borrazás: Costa Norte/ZFK, 2008)
“A arqueóloga Irene García Losquiño relata como Galicia puido ser tamén un territorio de asentamento dos pobos nórdicos orixinarios de Escandinavia, e non só obxectivo de asaltos e incursións.” (Alberto Quian: Galicia Confidencial, 26-9-2019)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


