Arca de pequeno tamaño que se emprega para gardar xoias, documentos etc.
Etimoloxía
Voz derivada sobre estoutra “arca” que nos leva o latín arca ‘caixa’.
Exemplos *
“Diego, quero que abras aquela arqueta e collas un mazo de cartas coa plica "María". Volves aquí e abres as dúas últimas. Así o fixen, non sen pudor, xa que naquela arqueta o fillo do Emperador gardaba a súa correspondencia persoal.” (Manuel Gago: O anxo negro, 2016)
“Endexamais esquecería a imaxe da sogra no marco da porta, cando chegou ao chalé para vivir con eles, coa arqueta das cinzas do seu home ben apertada contra o peito e unha ollada orfa, chea de tristura.” (Paco Carro: Tempo ordinario (Historia de Compostela), 2014)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.