arquipélago

Conxunto de illas máis ou menos próximas

Etimoloxía

Vocábulo que é un préstamo do italiano arcipelago que, á vez, bebía do grego Aigaîon pélagos ‘mar Exeo’.

Exemplos *

“É unha illa deshabitada que queda por esas latitudes, pero que non pertence ó arquipélago. Se nós demos con ela foi grazas ó mapa que se perdeu; en caso contrario endexamais a dariamos atopado.” (Xosé Mª Lema: Costa do Solpor, 2013)

“Un pouco antes das catro da tarde a proa do noso barco apuntaba o arquipélago formado polas illas de Ons e Onza.” (Pedro Feijoo: Os fillos do mar, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.