arquitecta, -o

Profesional da arquitectura

Etimoloxía

Palabra que bebe do latín architectus ‘xefe’, ‘construtor’ ou ‘edificador’ que se adaptou do termo grego arkhitéktón ‘xefe de obra’.

Exemplos *

“É por iso polo que Serafina se adestraba ás agachadas: quería ser equilibrista. Case ninguén sabía daquel soño de Serafina, pois o normal era soñar con ser cantante, arquitecta ou astronauta.” (Teresa González Costa: A filla do ladrón de bicicletas, 2011)

“A primeira arquitecta colexiada en Galiza é Milagros Rey Hombre, filla do tamén arquitecto Rey Pedreira, que non vía con moi bos ollos a incorporación da filla ao traballo da arquitectura.” (Xoán Costa: Nós Diario, 27-9-2019)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.