arquitecto, -a

Profesional da arquitectura

Etimoloxía

Palabra que chega desde o latín architectus, -i ‘xefe’ ou ‘construtor’.

Exemplos *

“Todos os arquitectos na cidade coñeciamos a historia daquela casa, porque o seu traballo de restauración fora un dos mellores exemplos de respecto pola arquitectura tradicional galega que, en anos de obras grises e racionais, se fixeran.” (Pedro Feijoo: Os fillos do mar, 2012)

“Case ninguén sabía daquel soño de Serafina, pois o normal era soñar con ser cantante, arquitecta ou astronauta.” (Teresa González Costa: A filla do ladrón de bicicletas, 2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.