arquitectura

Arte e técnica de realizar os planos e dirixir a construción de edificios

Etimoloxía

Palabra de orixe culta que bebe da latina architectura ‘arte de edificar’.

Exemplos *

“Unha das cousas que salienta da súa vida son as viaxes que fixo, algo que tamén relaciona co seu amor pola arquitectura, primeiro cando saía cos seus pais "a coñecer o país" e, despois, ela soa por Europa.” (Cláudia Morán: Luzes, 11-2016)

“A avoa aproveita para levala ao hotel e gozar da tempada, mesturándose con toda a xente de bon ton que está a curarse dos seus males no balneario. E entre a arquitectura modernista, as festas e a misa dos domingos coñecen a xente ben mentres pasan os días previstos, coa gran sorte de que coincidirán co marqués de Estrella.” (Raquel C. Pico: Disquecool. O medio de tendencias made in Galicia, 9-2014)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.