Persoa encargada dun arquivo
Etimoloxía
Palabra derivada sobre o termo “arquivo” que procede do latín archivum, que vén do grego archeion, ‘morada dos maxistrados’.
Exemplos *
“O arquiveiro regaloume máis de media ducia de exemplares dunha revista de arte ourensá, Porta da Aira, da que el era coordinador, e que trataba sobre todo arte relixiosa, costumes e historia da zona; en realidade, máis ca revistas parecían libros.” (María Oruña: O souto dos catro ventos, 2012)
“A arquiveira e historiadora Olga Gallego Domínguez tomou posesión o 15 de novembro de 1986 co seu discurso de ingreso na Real Academia Galega, 'As barcas e as barcaxes da provincia de Ourense no Antigo Réxime'.” (Miguel Anxo Seixas: O Correo Galego, 14-11-2000)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


