arquivo

Lugar onde se garda e clasifica calquera tipo de documentos

Etimoloxía

Termo que deriva do latín tardío archivum ‘palacio’ ou ‘lugar onde se gardan papeis’ que se adapta do grego arkheion ‘residencia de maxistrados’.

Exemplos *

“Desbotada a posibilidade de facer aquí un museo, o propio concello ocupouna durante varios anos, reservándoa por fin, segundo parece, para arquivo e biblioteca.” (Antón Pombo: O Correo Galego, 26-11-2000)

“Antes, para consultar un xornal polo que pasaron moitos anos ou un documento histórico había que desprazarse a unha biblioteca, hemeroteca, arquivo... agora, cun sinxelo clic podemos achegarnos a calquera páxina.” (Pedro Rielo: Galicia Hoxe, 4-3-2011)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.