arrabalde

Parte ou barrio dunha poboación situado fóra do seu recinto

Etimoloxía

Vocábulo que chega desde o árabe ar-rabad ‘arredores dunha cidade’.

Exemplos *

“Reduciu a segunda e tirou os lentes negros para poder contemplar mellor aquela estampa de arrabalde mariñeiro ao que chegaba.” (Manuel Portas: Denso recendo a salgado, 2010)

“Comezaramos a investigación interrogando as testemuñas presentes naquel intre a carón do río, os veciños do arrabalde e os propietarios dos negocios da contorna, pero apenas atopamos respostas fiables ás nosas preguntas.” (Xerardo AgraFoxo: O violinista de Malá Strana, 2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.