arrancada

Comezo dun movemento ou posta en funcionamento, particularmente cando se trata dunha máquina

Etimoloxía

Lexicalización do participio pasado do verbo “arrancar”, voz de orixe incerta.

Exemplos *

“Membros da Policía interceptaron o vehículo nun semáforo e, cando estes se identificaron como axentes, o condutor da furgoneta "empuñou unha arma e realizou unha arrancada da furgoneta, derrubando o funcionario situado ó lado do vehículo".” (A. B.: O Correo Galego, 10-11-2000)

“O ruxido daquel bólido na arrancada suscitou a simultánea persignación das miñas pasaxeiras. Xa nas curvas do monte da Guía, na noitiña, comezaron as exclamacións de asombro.” (Ánxel Vázquez de la Cruz: Luz de tebra, 2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.