arrandear

Impulsar a alguén nun arrandeadoiro.

Etimoloxía

Non está clara a orixe deste termo, aínda que algúns autores apuntan a posibilidade de que estea relacionado co árabe çârand 'peneirar'.

Exemplos *

"O trompetista agarrou o papagaio e foino pousar nun pau de arrandear." (Manuel Rivas: Os libros arden mal)

"… cun non sei que de música quizabes pra arrandear os berces dos neniños." (Aquilino Iglesia Alvariño: De día a día)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.