arranxar

Pór paz nun lugar onde había conflito.

Etimoloxía

Procede da forma francesa arranger 'poñer en orde'.

Exemplos *

"… o Anselmo, un raposo de moito coidado, cunha autoridade superior á de Momoa sobre aquelas xentes, arranxou todo para que se fixese a paz …" (Xosé Manuel Martínez Oca: As florestas do Mañuema)

"… dúas persoas necesitaban encontrarse na cerna do Sáhara para arranxar os problemas que asañaran a delicada convivencia." (Xerardo Agra Foxo: O violinista de Malá Strana)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.