arrecife

Baixo cuberto de rochas ou masas calcarias de organismos mariños, que pode estar somerxido, a flor da auga ou un pouco por encima do nivel do mar

Etimoloxía

Palabra que ten a súa orixe no árabe hispano arraṣíf, e este bebe do árabe clásico raṣīf 'empedrado'.

Exemplos *

“A longo prazo, os cambios na estabilidade dos arrecifes de coral poderían reducir a protección das costas que rodean.” (Maribel I. García-Ibáñez: Cerna. Revista galega de ecoloxía e medio ambiente, 10-2015)

“O capitán John Baker coñecía perfectamente os arrecifes ao sur de San Martiño, as agullas de Castros, de Carrumeiros, as formas da ría de Vigo, todo.” (Pedro Feijoo: Os fillos do mar, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.