No espazo que rodea a cousa ou persoa que se expresa
Etimoloxía
Aglutinación de “a-” máis de “redor”, este vén do latín retro, ‘detrás’ que posteriormente toma o significado ‘en torno de’.
Exemplos *
“Don Xohán, con dous retirados paseia baixo os arcos da rúa. Horas sen remate. Mais il figura non se decatar. As fillas estarán cosendo e non convén estorbalas. Na hora da cea todos están ledos arredor da mesa limpiña.” (Ramón Otero Pedrayo: Contos do camiño e da rúa, 1932)
“Solovio nunca estivera lonxe, porque el era o centro, porque a súa vida fora unha constante viaxe "arredor de si", isto é, arredor de Galicia.” (Ramón Villares: Fuga e retorno de Adrián Solovio. Sobre a educación sentimental dun intelectual galeguista, 2018)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


