Estado morboso ocasionado pola exposición ao frío ou á humidade asociado con catarro dunha ou máis mucosas que comporta un aumento da secreción nasal, espirros, tose etc.
Etimoloxía
Derivado do verbo arrefriar que se forma, á vez, sobre frío que nace no latín frigidus, –a, –um 'frío'.
Exemplos *
"Tamén deixara de andar en piragua, e o mal humor quedáralle pegado para sempre, como un mal arrefriado." (Teresa González Costa: A filla do ladrón de bicicletas)
"…peche vostede a porta, señorita, a idade non acabará comigo, pero Juana matarame dun arrefriado, e a vostedes tamén." (Xosé Antonio Perozo: Martázul)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.