Tornar(se) frío ou máis frío.
Etimoloxía
Igual ca friúra, tamén se formou sobre frío.
Exemplos *
"Tragar, tragar, non é a palabra, porque case rebento por dentro coas caladas que fixeron nacer en min unha tose tan dramática coma a que adoitaba atacar ao avó Fero cando arrefriaba." (Antón Riveiro Coello: Casas baratas)
"… se Salvaterra ten un clima que o río Miño arrefría insoportablemente pola noite, por que será que este segue a ser, para min, o mellor festival do país, o único no que ano tras ano reincido?" (Samuel Solleiro: Tempos Novos 2009-10/4)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.