arreguizo

Estremecemento intenso causado polo frío, o medo, a repugnancia etc.

Etimoloxía

Crese que é un derivado sobre o étimo latino rigor, -oris que significaba ‘rixidez’.

Exemplos *

“Dálle un arreguizo coa repentina friaxe e estremece toda.” (Manuel Portas: Denso recendo a salgado, 2010)

“Tirou o paquete de Camel do bolso e o acendedor e encolleuse nun arreguizo de frío, non traía roupa para este clima de outono húmido, os zapatos finos e as medias de seda non lle abrigaban nada, tiña os pés xeados.” (Suso de Toro: Calzados Lola (O dano e a absolución), 1998)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.