Que produce arrepío
Etimoloxía
Voz procedente do verbo “arrepiar” que vén do latín horripilare de significado semellante.
Exemplos *
“Alex non confiaba demasiado na estratexia que estabamos a levar a cabo dentro do campo. El presenciara escenas arrepiantes que lle fixeran perder a confianza no ser humano.” (Alberto Canal: O amor nos escuros días de Birkenau, 2016)
“Nunca souben que foi o que lle estaría dicindo Buesa, ao oído, que lle produciu aqueles arrepiantes tremores.” (Antonio Piñeiro: As fiandeiras, 2011)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


