Estremecemento causado polo frío, o medo, a repugnancia etc.
Etimoloxía
Formado no verbo arrepiar que procede, á súa vez, do latín horripare 'ter o pelo de punta'.
Exemplos *
"E iso que o bosque das árbores retortas daba algo de arrepío.” (Manuel Darriba: Brais e os demais)
"O neno levantouse e, cando ía abrir a porta da casa, un arrepío percorreulle o lombo." (Leticia Vila Sexto: Os tratantes de papagaios)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.