arribada

Acción e efecto de arribar

Etimoloxía

Palabra que procede do latín vulgar arripare ‘chegar á beira’.

Exemplos *

“Ó que regrese, faremos unha arribada fugaz nalgún lugar discreto desta esgrevia Costa do Solpor para, mentres os ingleses reparan minimamente os seus danos, nos facer cos víveres imprescindibles nos lugares da beiramar.” (Xosé Mª Lema: Costa do Solpor, 2013)

“Caldas só recoñeceu a que reproducía a arribada da carabela Pinta a Baiona coa noticia do descubrimento de América.” (Domingo Villar: A praia dos afogados, 2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.