Persoa que transportaba ou arreaba mercancías duns lugares a outros en animais de carga
Etimoloxía
Palabra que se forma sobre a interxección “arre”, creación expresiva.
Exemplos *
“O cantar do arrieiro / é un cantar moi baixiño / cántano en Ribadavia / óese no Carballiño” (Dorothé Schubarth e Antón Santamarina: Cancioneiro popular galego. I Oficios e labores, 1984)
“A vida dos arrieiros / é moi mala de levar, / á noite deitarse tarde, / pola mañá madrugar.” (Juan Antonio Saco y Arce: Literatura popular de Galicia. Ed. De J. L. Saco Cid, 1881)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.