arrincar

Ter algo a súa orixe nun determinado lugar, momento ou circunstancia

Etimoloxía

Orixe controvertida; xógase coa hipótese de que proveña do xermánico hring ‘romper as ringleiras de soldados’.

Exemplos *

“O proxecto arrincou como un traballo de investigación planteado cunha metodoloxía de historia oral que, logo de oito anos, deu lugar a unha grande cantidade de información gráfica e escrita.” (Xosé Nogueira: Cinema e guerra civil. Novos achados. Aproximacións analíticas e historiográficas, 2009)

“A novela arrinca facendo uso da antítese con Castela que xa estaba en Rosalía.” (María López Sández: Paisaxe e nación. A creación discursiva do territorio, 2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.