arroiada

Chuvia forte e abundante

Etimoloxía

Palabra que deriva do verbo “arroiar” e este de “arroio” vocábulo de orixe controvertida crese que é prerromano adaptado polo latín como arrugia ‘galería subterránea onde corre a auga’.

Exemplos *

“As familias que o estimen oportuno envían @s fill@s a Viana, percorrendo ao redor de 30 quilómetros (...)  nunha bisbarra cuxa meteoroloxía nos meses do inverno a escriben a neve e as arroiadas.” (Beti Vázquez: Sermos Galiza, 7-9-2012)

“As manchas de humidade na pintura das paredes mergulláronos nos devalos e arroiadas dos invernos.” (David Pérez Iglesias: Estación Término / Ás cinco da mañá, 1993)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.