Chover fortemente e en abundancia.
Etimoloxía
Deriva de arroio, do que non está clara a orixe, se ben podería proceder do latín arrugia, -ae 'galería, escavación', que no paso ao romance pasou a designar preferentemente unha canle de auga.
Exemplos *
"Acompáñame os poucos banzos para abaixo á porta, a parada do autobús está ó outro lado, chove que arroia." (Úrsula Heinze: Remuíños en coiro)
"A noite fechou tódalas portas. Nas portas todas chove e venta en tódolos ventos. Chove que arroia." (Anxo Angueira: Iria)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.