arroio

Pequena corrente de auga que se forma en épocas de chuvias e que non é permanente

Etimoloxía

Voz de orixe hispánica que vén do latín arrugia 'galería de mina' ou 'arroio'.

Exemplos *

“Os encantos –estarrecedores agora no inverno– de Lariño e Lira. Os dilatados areais de ambas Carnotas que teñen inefables padroeiros: Santa Comba e San Mamede. O minúsculo arroio de Pedrafigueira configura unha ría e un humidal.” (Avelino Abuín de Tembra: O Correo Galego, 10-12-2000)

“Viu o seu rostro reflexado nun remanso dun arroio que morría no Arlanzón. Pensou que a súa aparencia cambiara aínda que non soubo dicir ata que punto era debido ao movemento da auga do regato, a súa pel cobreada tinguida polos anos que pasara no deserto, ou á propia textura da senectude. Mais iso carecía de importancia.” (Xosé Carlos Fernández Caínzos: Os espidos pés do destino, 2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.