arrolar

Mover no colo un neno ou cantarlle suavemente para que deixe de chorar ou adormeza.

Etimoloxía

Dise que é unha formación onomatopeica, a partir do canto da rula ou rola.

Exemplos *

"Sen pensar que sería del unha hora despois, deixouse arrolar no colo de Morfeo e quedou durmido despreocupándose do mundo …" (Xosé Carlos Fernández Caínzos: Os espidos pés do destino)

"… a rapaza andaba sempre contenta, arrolando no seu ruliño e sachando na chousa sen deixar de cantar." (Darío Xohán Cabana: Vidas senlleiras)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.