Canto ou son para apazugar ou adormentar o neno
Etimoloxía
Palabra que xorde a partir do verbo "arrolar", probablemente palabra onomatopeica, de ro.
Exemplos *
“Cantei unha cántiga moi doce e tristenta, tenra e soave coma un arrolo.” (Ánxel Fole: Á lus do candil. Contos a carón do lume, 1953)
“(...) repetiu como unha ladaíña o arrolo que lle murmuraba o seu irmán Rubén cando estaba asustada e non podía durmir: Deica mañá, boa noite, que durmas ben, adeus.” (Anxos Sumai: A lúa da colleita, 2013).
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.