Actividade humana que ten como fin a creación de obras estéticas
Etimoloxía
Vocábulo que vén de ars, artis ‘maneira de ser’, ‘coñecemento técnico’ ou ‘arte’.
Exemplos *
“Dentro de nichos de pequenas dimensións agardaban os meus pacientes: os santos, de diferentes estilos e épocas, que son verdadeiras obras de arte.” (Teresa González Costa: Os santos nunca dormen, 2014)
“O mundo da arte está cheo de artistas incomprendidos e, hoxe en día, os cociñeiros modernos sonche artistas que beben de disciplinas que van dende o naturalismo ou a química ata a filosofía ou a estética.” (Santiago Pazos: Contos de taberna / Historias case verídicas, 2014)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.