artes plásticas

Conxunto de manifestacións artísticas que teñen como finalidade o dominio das formas, dirixíndose fundamentalmente aos sentidos da vista e o tacto

Etimoloxía

Frase formada polo substantivo “arte” procedente do latín ars, -tis e o adxectivo “plástica” do latín tardío plastica que bebe no grego plastiké ‘técnica de modelar’.

Exemplos *

“Estes anos suporán tamén, para as artes plásticas galegas, o inicio dunha dinamización que as porá en sintonía coas buscas e inquietudes doutros ámbitos tanto creativos como xeográficos: dende as novas linguaxes de Atlántica, nas que se integra como única muller Menchu Lamas (Vigo, 1954)." (Rosario Sarmiento: Luzes, 11-2016)

“O festival incorpora un apartado de obradoiros nos que se poden construír cometas, peixes voadores, pombas xigantes ou papaventos con botellas. Pomper, Títeres Babaluva, Crearte ou Totem Gestión Creativa impartirán as aulas neste espazo dedicado ás artes plásticas vencelladas ao vento.” (Carme Vidal: Sermos Galiza, 18-6-2015)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.