articulado

Conxunto de artigos dunha lei, regulamento, tratado etc.

Etimoloxía

A súa orixe está no latín, na forma articulatus, -a, -um, participio do verbo articulare 'dotar de articulacións' ou 'dividir'.

Exemplos *

"As idades indicadas no articulado da lei enténdense sempre referidas ao momento da comisión dos feitos …" (Ana Iglesias Galdo: Educar e castigar. Unha historia do presente da xustiza de menores en Galicia)

"… tendo en conta os textos constitucionais ou estatutarios das nacións que chegaron ao autogoberno despois da Gran Guerra foi como Tobío e Carballo Calero deron forma ao articulado dun anteproxecto …" (Carlos Méixome: A Nosa Terra 2003-01-10)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.