artigo

Escrito sobre un tema determinado, publicado nun xornal ou revista.

Etimoloxía

Evolucionou a partir do latín articulus, -i que tiña, primeiramente, o significado de 'articulación', pero tamén o de 'sección dun discurso ou dun libro'.

Exemplos *

"Agora non hai negocio fóra da lei que non teña que ver coa droga _xulgou o mozo, que repetía case memoristicamente un artigo que non había pouco lera nun xornal." (Ramiro Fonte: As regras do xogo)

"Espero que algún día un xornal me acepte un artigo no que non haxa ideas, nin opinións, nin sucedidos: só palabras, palabras reducidas á súa condición sonora …" (Xosé Cermeño: Ciencia de facer as camas)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.