artista

Creador dunha obra de arte / Persoa que cultiva algunha das belas artes, en particular, das artes plásticas

Etimoloxía

Palabra creada por derivación sobre “arte” que vén do latín ars, -tis ‘saber’, ‘habilidade’ ou ‘arte’.

Exemplos *

“Nina está a seleccionar obra para a inauguración da galería de arte. Ten moito interese nas esculturas dun artista que reside en Oeste.” (Manuel Rivas: Vivir sen permiso e outras historias de Oeste, 2018)

“A responsable da súa creación é a artista compostelá Neves Seara, quen, aos seus 29 anos, ten un currículo de impresión: licenciada en Belas Artes, ten exposto en lugares tan dispares coma La Habana, Lisboa, Madrid, Londres, Atenas, Helsinqui, A Coruña, Pontevedra ou o seu Santiago natal.” (Laura Vieiro: Disquecool, 8-2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.