Folla do piñeiro
Etimoloxía
Entre as persoas que se encargaron de investigar a orixe da palabra non hai acordo e propóñense hipóteses diversas.
Exemplos *
“Que din as altas copas / de escuro arume arpado / co seu ben compasado / monótono fungar?” (Eduardo Pondal e Pascual Veiga –música–: Os Pinos, 1890)
“Alzou levemente o caxato do chan e xirouse case en redondo. Certamente, nin unha alma arredor deles, tan só o vento a tanxer nos arumes e a peitear a herba fresca da campa.” (Xosé Ramón Pena: Como en Alxeria, 2012)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.